A Duma rusa ratifica a anexión de catro rexións ucraínas

1 minutes read

A Duma rusa ratificou por unanimidade os tratados de anexión das catro rexións ucraínas asinados o venres polo presidente Vladímir Putin. As leis de ratificación, que establecen o ruso como lingua oficial e o rublo como moeda nos catro territorios, foron votadas unha a unha, obtendo o respaldo unánime dos lexisladores, que ovacionaron os resultados. O presidente da cámara. Viacheslav Volodin, cualificou a medida de «reunificación». Na mesma liña dialéctica, o ministro de Exteriores ruso, Serguéi Lavrov, acusou a Occidente de emular a Hitler ao utilizar a Ucraína como «instrumento de guerra» contra Rusia, como fixo Alemaña contra a URSS na Segunda Guerra Mundial.