Durante toda a semana e ata o domingo 17 incluído, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis para comprobar que tanto o condutor como os ocupantes dos vehículos fan uso do cinto de seguridade. Comprobarán, de igual modo, que os menores viaxan cos correspondentes sistemas de retención infantil adecuados á súa estatura, peso e idade.
Tamén se convidou aos concellos para sumarse a esta campaña, “dada a relevancia de que os condutores adquiran o hábito de usar os cintos na contorna urbana”, sinala a Delegación do Goberno. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación de campañas especiais de vixilancia previstas pola DXT para este ano co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e concienciar aos usuarios das vías sobre a importancia de manter comportamentos máis seguros.