A DXT reforzará esta semana os controis de alcol e drogas

Imaxe dunha campaña de drogas e alcol_DXT

Coincidindo coa ponte festiva máis longa do ano, a Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha unha nova campaña de vixilancia de alcol e drogas. O Nadal é sinónimo de reunións de amigos, ceas de traballo e continuas celebracións, unha época en que os excesos pasan a ser protagonistas. Os datos recollidos das autopsias dos accidentes mortais reflicten de xeito moi gráfico a importancia de evitar calquera tipo de consumo de substancias ao volante, porque a metade dos falecidos conducían baixo o efecto das drogas ou do alcol. Os operativos estarán esparexidos por todas as estradas galegas, pero o foco estará posto nas vías secundarias que concentran a maior parte dos sinistros de tráfico.