- Advirte: «non se poden poñer dose de reforzo indefinidamente».
A Axencia Europea do Medicamento (EMA), na súa primeira reunión do ano, pediu aos Gobernos que sexan conscientes da gravidade da variante ómicron, de que o virus segue sendo pandémico, e de que hai que pensar nunha estratexia de vacinación a longo prazo. A EMA afirma que non se poden dar doses de reforzo cada tres ou catro meses indefinidamente.
– «Aínda non vimos datos con respecto a unha cuarta dose, e gustaríanos ver estes datos antes de poder facer calquera recomendación, pero ao mesmo tempo, estamos bastante preocupados por unha estratexia que implica a vacinación repetida nun curto prazo», explicaba en rolda de prensa Marco Cavaleri, Xefe de Estratexia de Ameazas Sanitarias Biolóxicas e Vacinas da EMA.
Os datos indican que a variante ómicron do coronavirus provoca unha COVID máis leve, con menos hospitalizacións, pero é máis resistente ás vacinas e bateu todos os récords de contaxios.
A EMA lembra que os reforzos repetidos de vacúas cada catro meses poden desembocar en problemas potenciais coa resposta inmunitaria. Como nota de esperanza, ómicron está a empuxar á COVID cara a unha enfermidade endémica coa que a humanidade poida convivir.