Segundo eldiario.es, o informe da Axencia Tributaria que sustenta a denuncia que a Fiscalía presentou contra Alberto González Amador evidencia como a parella da presidenta madrileña Isabel Díaz Ayuso usou dúas sociedades sen traballadores contratados nin apenas medios materiais para canalizar os seus ingresos. A principal, Maxwell Cremona –que facturou 3,7 millóns en dous anos–, non ten empregados por conta allea pero si consta ao seu nome un coche de luxo: un Porsche Panamera. Ademais, a compañía adquiriu con posterioridade outro vehículo de alta gama, un Maserati que ten multas pendentes co Concello de Madrid, segundo adiantou El Plural e confirmou elDiario.es. A segunda compañía, que Facenda cualifica como “unha mera sociedade interposta”, chámase Masterman & Whitaker e nunca tivo nin empregados nin medios materiais para facer os traballos encargados polo xigante sanitario Quirón, o “principal cliente” de González Amador.
23