A Escola de Natación de Carballo volveu a retomar a súa actividade con 540 nenos

Escola Natación Carballo_Concello

  • Esta escola municipal leva 34 anos en funcionamento

O pasado luns, 13 de setembro, os primeiros grupos de alumnos e alumnas da Escola de Natación do Concello de Carballo tiráronse á agua para poder aprender e desfrutar un deporte moi completo. Ao longo de toda a semana foron incorporándose o resto de usuarios ata chegar este venres aos 540 participantes, dos que arredor dun cento proceden da lista de agarda.

As restricións derivadas da COVID-19 obrigaron a reducir o número de alumnos e alumnas aínda que, en función da evolución da situación epidemiolóxica, as cifras iranse revisando. Polo de agora os grupos son pechados, sendo obrigatorio o uso da máscara e limitando o acceso aos familiares.

A Escola de Natación do Concello de Carballo está a piques de cumprir 35 anos ao comezar a funcionar no ano 1987. Ano tras ano e coincidindo co curso escolar, de luns a venres entre as 16.45 e as 20.00 horas a piscina do complexo deportivo Vila de Noia está reservada para os nenos e as nenas do municipio carballés.