A Escola Municipal de Hostalaría sae á rúa para compartir a súa experiencia coa veciñanza

1 minutes read
  • O alumnado de cociña ofrecerá dúas presentacións-showcooking os xoves 16 e 23 no Mercado Municipal

O alumnado da Escola Municipal de Hostalaría sairá á rúa para compartir con todos os veciños todo o que aprenderon durante os seus cursos nas instalacións do Fórum Carballo. En total son 15 as persoas que se están formando tanto na teoría coma na práctica para converterse en futuros cociñeiros profesionais.

Os xoves 16 e 23 de maio, o alumnado da Escola Municipal de Hostalaría ocupará o espazo da antiga tenda de ultramarinos do Mercado Municipal para convertelo no escenario de dúas presentacións-showcooking abertas a toda a cidadanía.

Para este xoves prepararán «empanada de mexillóns da terra» e «espuma de coliflor con abadexo a baixa temperatura e allada», dous petiscos que se servirán de balde dende as 10.30 ata as 12.30 horas ou ata fin de existencias. Ademais de probar dous pratos elaborados polo alumnado, o público poderá coñecer máis de preto a escola, que en breve abrirá o prazo de inscrición para o curso que vén.