En Portugal, o Goberno socialista de António Costa quedouse este mércores completamente só no Parlamento. Os seus antigos socios de esquerda, o Bloco de Esquerda e os comunistas déronlle as costas, votando en contra dos Orzamentos para o próximo ano, como a dereita. Unha situación que aboca a Portugal a unhas máis que probables eleccións anticipadas. O rexeitamento aos orzamentos supón a estocada final á ‘geringonça’, a alianza parlamentaria de esquerdas que permitiu gobernar a pasada lexislatura.
António Costa asegurou que o Goberno non vai dimitir e que seguirá garantindo a estabilidade do país. A última palabra tena agora o presidente, o conservador Marcelo Rebelo de Sousa, quen adiantou que, chegado o caso, reuniríase cos líderes dos distintos partidos, convocaría ao Consello de estado e disolvería a Asemblea.
34