A estación intermodal de Santiago, clave na modernización da cidade

1 minutes read

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participou xunto co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, no acto de presentación da cafetería da estación de autobuses intermodal ‘O balcón das Brañas’. Esta nova peza completa unha infraestrutura, a estación de autobuses intermodal, impulsada co obxectivo de constituír un gran nodo de transporte público preto do centro urbano e para facer cidade na capital de Galicia que é, ademais, o gran escaparate do turismo na Comunidade. A estación intermodal é unha nova porta de entrada ao turismo, na que é posible realizar un intercambio áxil e seguro entre o autobús e o ferrocarril. A estación de autobuses, preparada para albergar 2 millóns de viaxeiros ao ano, xunto coa pasarela impulsada pola Xunta en colaboración co Concello e o Ministerio de Transportes, supuxeron un orzamento total que supera os 18 millóns de euros. A intermodal actúa como un gran centro de transporte público desde o que os cidadáns teñen acceso a un sistema de transporte interurbano por estrada integramente renovado e preparado para levalos e traelos desde o máis lonxe.