A Estratexia Galicia Retorna 2026 busca facilitar o regreso de 30.000 galegos

2 minutes read

O presidente da Xunta informou de que o Consello aprobou na súa reunión semanal a nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26 (ERG2026), que duplica tanto en número de medidas como en orzamento á súa predecesora, a Estratexia Retorna 2020, aprobada en 2018 e que mantivo a súa vixencia ata este ano. “O obxectivo é favorecer o regreso de 30.000 galegos do exterior”, resaltou Rueda.

Rueda resaltou que a continuidade deste programa busca por unha vía facilitar o regreso a todos aqueles galegos “que teñen dereito” a volver a súa terra e doutra banda, “compensar o saldo vexetativo negativo” que rexistra Galicia. En concreto, o presidente lembrou que no primeiro semestre deste 2022, a comunidade rexistrou un saldo vexetativo negativo (-10.651) mentres que o saldo migratorio, é dicir, o número de persoas que chegaron a Galicia, fronte ás que partiron foi positivo: 12.106 na análise das persoas procedentes doutros países e 622, respecto ao transvasamento de poboación entre comunidades.

Das catro áreas en que incide a EGR2026, a laboral é a que aglutina unha maior cantidade de medidas (37), seguida da educativa (30), a social (25) e a de asesoramento, seguimento, coordinación e control (8). O documento inclúe, ademais, un aumento de propostas especificamente dirixidas aos galegos que queiran retornar, que pasan de contar cun orzamento de 15 millóns de euros a 50.

Entre outras liñas de actuacións, permitirá proporcionar instrumentos de atracción profesional de poboación galega residente no exterior, así como a súa incorporación ao mercado laboral a través de medidas específicas, e potenciando as plataformas creadas para a xestión integral da información de interese e o asesoramento técnico.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?