38
- O equipo redactor realizará do 18 ao 24 deste mes as medicións de campo e un censo de locais en todo o ámbito.
Trátase de dar resposta, dende o punto de vista do urbanismo e da accesibilidade, ás especiais características do amplo ámbito urbano comprendido entre as rúas Enrique Sánchez, Ánxel Fole, Ponte, Camiño Novo, Vázquez de Parga e Perú. Deste xeito, o plan permitirá establecer as actuacións concretas en accesibilidade e mellora do espazo público, ordenación do tráfico e estrutura da rede viaria, xestión e regulación do estacionamento e mellora da calidade ambiental e aforro enerxético, entre outras.