A estudo declarar a emerxencia cinexética temporal nalgunhas zonas de Galicia

1 minutes read

A Xunta estuda volver a empregar a declaración da emerxencia cinexética temporal nalgúns puntos da Comunidade como un instrumento temporal e extraordinario para facer fronte aos danos causados polo xabaril. Esta foi unha das principais conclusións da reunión de seguimento celebrada co fin de analizar a eficacia das medidas adoptadas para controlar e minorar o impacto desta especie e estudar tamén novas propostas de actuación. A medida, que na práctica permite abater ou capturar exemplares fóra do límite de cupo durante o período hábil de caza, deberá someterse a un estudo previo en base ao cal se decidirá a que áreas e concellos concretos afectaría, tendo en conta os datos máis recentes de avisos por danos, accidentes de tráfico, concentración de explotacións de porcino e demais parámetros que concorran para valorar a incidencia do xabaril en cada zona xeográfica da Comunidade.