A estudo unha terceira dose da vacina anticovid por baixo dos 60 anos

1 minutes read

Sanidade analiza a situación da pandemia en Galicia ante o incremento do 5 % diario dos positivos. Esta cifra supón un cambio na tendencia que se viña mantendo de diminución nas últimas semanas. De momento segue a vacinación dos maiores de 80 anos, aos que tamén se lles pon a da gripe como ás persoas de risco, e o 19 de novembro comeza a vacinación daqueles de 70 a 79 anos, nos cárceres e para os que lles puxeron a de Janssen. Agora está sobre a mesa a expensas do que decida a interterritorial de Sanidade ou a EMA, ampliar o rango de idade da terceira dose para as persoas de máis de 65 anos, por baixo dos 60 ou como pediu Pfizer mesmo xa vacinar aos menores de 11 anos, así o fixo saber este sábado a directora de Saúde Pública da Xunta, Carme Durán.