O Concello de Cabana de Bergantiños será escenario da exposición A paisaxe atlántica, da artista Mónica Coto, unha mostra que convida a descubrir a beleza e forza da contorna natural galea a través da mirada da autora.
O acto de presentación tivo lugar este luns no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate e nel destacouse «a importancia de apoiar a creación artística vinculada ao noso territorio, poñendo en valor a paisaxe como parte da identidade cultural do noso concello».
A paisaxe atlántica é unha mostra de ilustracións e escultura que reinterpreta o litoral atlántico dun xeito singular, cunha proposta visual marcada por cores vivos e unha visión contemporánea da natureza costeira. A muller e a súa visión gañan presenza a través do arte da autora, así como a sostibilidade xa que a exposición inclúe pezas elaboradas con materiais rescatados do mar.
A mostra poderá ser visitada nas instalacións do Dolmen de Dombate durante os meses de primavera.