A Federación Galega de Balonmán presentou a súa mascota Petro

0 minutes read

A Federación Galega de Balonmán presentou, no programa De Volta e Media, á súa mascota, Petro, que terá un papel protagonista no programa Balonmán na Escola.
A mascota da Federación chega para formar parte dun ambicioso proxecto de promoción do balonmán na escola, que se porá en marcha a partir do ano 2022 nas catro provincias.
Petro representa as nosas raíces, xa que é un boneco que nace da pedra e que vai a amosar a súa simpatía cos máis pequenos para contaxiarlles a paixón polo deporte do balonmán.