44
O Consello da Xunta de Galicia declara a Festa da Pataca de Coristanco de Interese Turístico de Galicia. E precisamente esta declaración chega uns días antes en que se celebre esta multitudinaria festa. Despois de dous anos de parada pola pandemia, Coristanco volve celebrar unha nova edición da Festa da Pataca, que este ano será a número 40. Rematado o Consello da Xunta deste xoves o presidente , Alfonso Rueda, deu a coñecer esta decisión. A Festa da Pataca de Coristanco vén celebrándose dende o ano 1980 neste municipio da Costa da Morte.