A Festa do Polbo do Carballiño declarada de Interese Turístico Internacional


A Festa do Polbo do Carballiño lévase celebrando de maneira ininterrompida desde 1962 o segundo domingo de agosto de cada ano, cumprindo por tanto este ano a súa 58ª edición. Tras ser declarada o 12 de xullo de 2012 como Festa de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, decídese desde o Concello do Carballiño rexistrar a marca, tanto da festa como da mascota. O pasado mes de abril, o concello presentou a solicitude ao Estado para a declaración da Festa do Polbo como Festa de Interese Turístico Internacional co informe favorable da Xunta de Galicia, denominación que acaba de acadar.