Rubiales afirma que o bico con Jenni Hermoso foi ‘consentido’ e non pensa dimitir

1 minutes read

Luís Rubiales dá un novo xiro ao seu caso coa súa intervención na Asemblea Xeral Extraordinaria da Real Federación Española de Fútbol. Despois de que este xoves se filtrase que dimitiría do seu cargo nesta asemblea, sorprendeu negándose a facelo. Rubiales deu a súa versión dos feitos, expoñéndose como vítima dun “asasinato social” e arremetendo en varias ocasións contra o “falso feminismo”. Antes de referirse ao bico a Jennifer Hermoso en cambio si pediu desculpas “sen paliativos” polo seu xesto no palco levándose a man aos xenitais pouco despois de acabar a final do Mundial. Rubiales definiu o bico como “espontáneo, mutuo, eufórico e consentido”, aínda que pediu desculpas “polo contexto en que se produciu”.