A FIFA inhabilita a Luís Rubiales durante 3 anos

1 minutes read

A decisión notificouselle a Rubiales quen, segundo indica o propio comunicado da FIFA “dispón de dez días para solicitar a decisión fundamentada no caso de que se solicite”.

A comisión disciplinaria da FIFA resolve así o expediente aberto contra Luís Rubiales o pasado 24 de agosto tras os feitos acaecidos tras a final do Mundial feminino de Australia e Nova Zelandia, na que España se proclamou campioa tras vencer a Inglaterra.

O exmandatario español tocouse os xenitais no palco e posteriormente, durante a entrega de medallas bicou na boca á xogadora Jennifer Hermoso no podio.

O máximo organismo futbolístico mundial engade que “reitera o seu compromiso absoluto de respectar e protexer a integridade de todas as persoas e garantir que se respecten as regras básicas dunha conduta decente”.