0
O vindeiro sábado día 1 de abril ás 12:00 horas no Espazo da Natureza de Oza terá lugar a presentación dunha nova edición do programa máis antigo da asociación Senda Nova, a Primavera en Ruta.
No acto serán protagonistas as rapazas e rapaces da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo. Están convidados e convidadas, representantes de todos os concellos colaboradores.
Presentación Ruta do Xestal
O acto servirá tamén de presentación da Ruta do Xestal, un itinerario deseñado por Jose Manuel Menéndez, que encaixa no Ano do Xestal e que se suma á xeira de actividades impulsadas dende o Concello de Carballo a través da Comisión do ano do Xestal, para impulsar a figura deste artista bergantiñán.