43
A Fiscalía Anticorrupción pide a imputación das ex presidentas madrileñas, Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes, pola presunta financiación ilegal do Partido Popular de Madrid, dentro da trama Púnica.
No caso de Aguirre, Anticorrupción sospeita que puido ter ordenado ou consentido o desvío de fondos desde empresas adxudicatarias de contratos públicos, como Indra, para financiar as suas campañas electorais.
En canto a Cristina Cifuentes, a fiscalía sospeita que lle adxudicou contratos as empresas do presidente dos empresarios madrileños, Arturo Fernandez, despois de que éste donase 160.000 euros ao PP a través dunha fundación.