A Fiscalía de Madrid dá un paso á fronte. A través dun comunicado, o Ministerio Público anunciou que pediu tres anos e tres de meses de prisión para Cristina Cifuentes, expresidenta da Comunidade de Madrid, por inducir á falsificación da acta do traballo de fin de máster que exhibiu en varios medios de comunicación e redes sociais tras estalar o escándalo.
Un documento que mostrou “para evitar as nefastas consecuencias políticas ás que debería enfrontarse”, segundo subliña a acusación pública, que presentou o escrito despois de que a xuíz Carmen Rodríguez procesase o pasado mes de novembro á ex xefa do Executivo rexional. A Universidade Rey Juan Carlos solicitou, pola súa banda, unha pena de catro anos de cárcere.