A Fiscalía sueca reabre o caso de Julian Assange por presunta violación

1 minutes read
  • Solicitarán unha orde de extradición se o tribunal sueco atopa motivos para detelo por rebeldía
  • A petición de reapertura do caso chega a pedimento do avogado da presunta vítima

A Fiscalía sueca reabriu o caso polo que o fundador de Wikileaks, Julian Assange, fora acusado como presunto autor dunha violación. A apertura do caso foi á petición do avogado da presunta vítima.

Assange sempre negou a acusación e conseguiu evitar a extradición a Suecia durante sete anos tras buscar asilo na embaixada de Ecuador en Londres ata o pasado 2 de maio, cando foi detido no Reino Unido.

O australiano sempre sostivo que tiña medo de que, se era levado a Suecia, ese país terminase entregándoo a EE. UU., onde temía pola súa integridade física e pola súa vida.