A Fonsagrada contará cunha Escola do Maior pioneira

1 minutes read

A escola sitúase no antigo colexio de Carballido, unha parroquia que suma 18 núcleos de poboación e conta actualmente con 200 habitantes aproximadamente, se ben gran parte deles non residen nin traballan alí de xeito habitual; máis da metade superan os 60 anos de idade. A Xunta asinou un convenio de colaboración coa entidade promotora, a Asociación de Carballido de Servicios Sociales (Acarserso), para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da execución durante o exercicio 2022 deste proxecto piloto. A escola proporá distintas actividades de estimulación psicomotora e cognitiva, como musicoterapia, xogos, manualidades, xardinaría, conferencias sobre a saúde ou mesmo excursións. Deste xeito, non só contribúe á atención e prevención da dependencia senón que mellora a calidade de vida dos usuarios en xeral e evita o illamento social.