A titular en funcións do departamento educativo da Xunta de Galicia, Carmen Pomar, explicou na Conferencia Sectorial que Galicia “acepta o Programa territorial extraordinario de FP e, por suposto, comprometemos a súa execución”. De feito, o compromiso de execución era condición para obter os fondos, que deben executarse no período que vai do 1 de setembro do 2020 ao 31 de decembro do 2021.
Pomar explicou que a Consellería ten xa trazadas as liñas para o gasto deste orzamento adicional, que segundo o comunicado polo Ministerio ascendería a 16.141.500,14 €, en cinco actuacións estratéxicas determinadas polo Ministerio e que “veñen referendar as políticas que se están desenvolvendo en Formación Profesional na Xunta de Galicia desde hai anos”. “Congratulámonos de que esta sexa unha liña estratéxica do Ministerio e aseguramos que faremos un aproveitamento óptimo destes fondos”, apuntou.
17