Fundación Humana recolleu en Carballo máis de 36 toneladas de téxtil no 2021

1 minutes read
  • A recollida selectiva de xaneiro a xuño nos contedores de Humana equivale a 163.000 pezas de roupa

Durante o primeiro semestre do ano, a veciñanza de Carballo depositou nos colectores da Fundación Humana un total de 36.214 quilos de téxtil usado para ser reutilizados ou reciclados. A recollida selectiva de residuo téxtil descendeu lixeiramente con respecto aos seis primeiros meses do ano pasado, rexistrando un total de 41.381 quilos.

As máis de 36 toneladas recuperadas por Humana equivalen a 163.000 pezas, cuxa xestión implicará un dobre beneficio: ambiental e social. A nivel ambiental, redúcese a xeración de residuos evitando, neste caso, a emisión de 114 toneladas de CO2 á atmosfera. Por outro lado, existe un beneficio social ao crear ‘emprego verde’: por cada 30.000 quilos de téxtil recollido, Humana xera un emprego indefinido.

O obxectivo social esténdese tamén a diversos proxectos, conseguindo nos últimos trinta anos de actividade involucrar a tres millóns de persoas en programas de desenvolvemento nos países do Sur da man de socios locais: formación de profesorado de primaria, impulso da agricultura sostible ou loita contra o VIH/SIDA, entre outras accións.

O futuro do sector
Cada galego refuga cada ano entre 20 e 30 quilos de téxtil, pero só se recupera o 10%. Sen embargo, a recollida selectiva de roupa ten moito potencial para garantirlle unha segunda vida: o 50% pódese reutilizar e máis do 35%, reciclar. Por iso é importante que se deposite nun contedor de roupa, a pesar de que o 90% do residuo téxtil non acaba no punto de recollida adecuado.