A Fundación ‘la Caixa’ doa 5.000 euros ao programa Acolle da Laracha

1 minutes read
  • A iniciativa céntrase na inclusión social e cultural das persoas inmigrantes

O director da oficina de ‘la Caixa’ da Laracha, Javier Andrade García, e o alcalde da localidade, José Manuel López Varela, formalizaron este mércores o acordo mediante o que a entidade doará 5.000 euros ao Concello para desenvolver o programa A Laracha acolle, que está previsto se que poña en marcha no mes de decembro ata abril de 2023.

O programa ten por finalidade a inclusión social e cultural das persoas inmigrantes e, máis concretamente, do colectivo prioritario das mulleres. Componse de dúas liñas de acción complementarias: o ‘Taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia’, co propósito de que as persoas inmigrantes adquiran habilidades lingüísticas para ser autónomas en diferentes situacións cotiás, e o espazo de expresión e participación cultural ‘Exprésa-T’, que persegue crear un espazo de socialización para que os participantes poidan coñecer os valores, funcionamento, patrimonio e cultura larachesa.

O rexedor mostrouse agradecido á Fundación ‘la Caixa’ por «apoiar durante os últimos anos as iniciativas sociais que se organizan desde o Concello».