A furgoneta-plató do Voluntariado iniciou en Santiago o seu percorrido por Galicia

1 minutes read

A campaña de promoción da acción voluntaria que desenvolverá a Consellería de Política Social nas cidades galegas con motivo do Día Internacional do Voluntariado, baixo a lenda O voluntariado non para, comezou en Santiago de Compostela. A furgoneta-plató do Voluntariado estivo estacionada na contorna do parque da alameda para difundir o amplo abano de proxectos solidarios que leva a cabo a Administración autonómica.

Desde este punto móbil ofreceuse información e entregouse material de promoción sobre as accións que o Goberno galego leva a cabo neste ámbito. Tamén se realizaron entrevistas a dúas mozas que participan en proxectos europeos de voluntariado: Sandra Abel Grandío e Aliaksandra Tsiutserava. Estas conversas emitíronse en streaming a través da canle de Facebook de Voluntariado Galego.