A futbolista Aitana Bonmatí premio The Best

1 minutes read

A campeonísima Aitana Bonmatí foi reafirmada como a mellor xogadora do ano 2023 pola FIFA na gala dos premios The Best, onde tamén foi recoñecido o adestrador Pep Guardiola. Bonmatí logrou así todos os grandes recoñecementos individuais do mundo do fútbol, tras recibir o premio da UEFA ademais do Balón de Ouro. Todo iso tras gañar co FC Barcelona a liga e a Champions e o Mundial coa selección española. Na gala celebrada este luns en Londres, dedicou o seu premio ás súas compañeiras e dixo que se sente “orgullosa de formar parte dunha xeración de mulleres poderosas que están a cambiar as regras do fútbol e do mundo”.