A futura Lei fixa obrigas en materia de residuos perigosos inabordables para os concellos


A lei obrigará aos concellos a implantar un sistema de recollida selectiva daqueles residuos domésticos considerados perigosos antes do 31 de decembro do ano 2024 co fin de garantir que non contaminen outros fluxos tamén de competencia municipal. Antes do 1 de xaneiro de 2023 os concellos deberán elaborar un censo de carácter público no que figuren todas as instalacións e emprazamentos con amianto, incluíndo á vez un calendario para a súa retirada. Algo que desde o punto de vista da Consellería de Medio Ambiente, ambas disposicións resultan “preocupantes” tanto polas dificultades que suporá para os concellos ter que cumprilas dentro do horizonte temporal que establece a propia norma, como polos custos e os retos técnicos e materiais que implicará levalas a cabo.