A Garda Civil comisa case 100 quilos de polbo en Camariñas

1 minutes read
  • Boa parte das capturas foron a poxa na lonxa da localidade

Axentes do Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña, en colaboración co Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia, prenderon 99,650 quilos de polbo no porto de Camariñas.

Os feitos sucederon cando efectivos das mencionadas unidades, no marco dun operativo do control da pesca do polbo no porto camariñán, detectaron como unha furgoneta cargada con mercadoría abandonaba o lugar sen pasar pola lonxa. Tras dar o alto ao vehículo, os axentes descubriron que no seu interior había tres capachos con case 100 quilos polbo, dos que 11,550 kg eran de tamaño inferior ao regulamentario. Despois de proceder á súa incautación, os moluscos que si cumprían co peso e medidas mínimas foron poxados na lonxa de Camariñas e o importe da venda foi ingresado na Xunta. Os polbos inmaduros entregáronse a un centro benéfico.

As autoridades instruíron as correspondentes denuncias, segundo a Lei 11/2008 de Pesca de Galicia, polo transporte de produtos de pesca sen a documentación regulamentaria, o incumprimento das normas da pesada antes da primeira venda e pola tenencia de especies inmaduras.