A Garda Civil detén a un veciño de Mazaricos como presunto autor dun delito de incendio forestal

As accións do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Corcubión desenvolvéronse a raíz do incendio ocorrido o pasado día 6 de agosto na localidade de Prudenza no termo municipal de Zas, incendio que se reproduciu o día 9 do mesmo mes debido ás condicións meteorolóxicas na zona.
A Garda Civil iniciou unha investigación en aras do esclarecemento das causas do mesmo e a identificación do autor ou autores no seu caso.
Tras a análise da información solicitada, os gardas civís actuantes pescudaron que se estiveron realizando labores agrícolas con maquinaria na leira na que os investigadores situaran o punto de inicio do incendio.
Unha vez localizada a maquinaria que realizou estes labores, procederon á inspección ocular da mesma, constatando que esta carecía de elementos de retención de faíscas estipulados na lexislación vixente para a prevención e defensa contra os incendios forestais.
Unha vez coñecida a identidade do presunto responsable, a Garda Civil procedeu á súa detención como suposto autor de un delito de incendio forestal por neglixencia grave.
O detido, xunto coas actuacións realizadas foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Corcubión.

A Garda Civil lembra que, durante a época de perigo alto, nos traballos e outras actividades que leven a cabo en todos os terreos forestais e zonas de influencia forestal é obrigatorio que os tractores, máquinas e vehículos de transporte pesados que van utilizarse estean provistos de equipamento para a extinción de incendios que regulamentariamente se establezan, así como de dispositivos de retención de faíscas nos tubos de escape.

Related posts

Un traballador perdeu a vida tras caerlle un ferro enriba en Santa Comba

A Xunta pon en valor o obradoiro dual e o programa integrado de emprego de Arteixo

Un lume iniciado nunha manta eléctrica provoca a morte dun home en Moeche