A Garda Civil detivo a un veciño de Arteixo como presunto autor dun delito de furto

1 minutes read

A Garda Civil de Arteixo detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito de furto dun ciclomotor. Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta polo propietario da moto en dependencias oficiais. Acto seguido iniciouse unha investigación en aras do esclarecemento dos feitos e a identificación do autor ou autores dos mesmos.

No transcurso da investigación lograron a localización do vehículo, grazas á información achegada polos cidadáns, o cal se atopaba oculto nun garaxe comunitario. A Garda Civil tras comprobar co Centro Operativo Complexo da Comandancia da Coruña que se correspondía co subtraído, procederon ás xestións necesarias para a identificación do usuario desa praza de garaxe logrando a identificación plena do suposto autor dos feitos.

Desta forma procedeuse á detención desta persoa como presunta autora dun delito de furto dun ciclomotor. Recuperouse o mesmo e fíxose entrega en depósito ao seu lexítimo propietario. O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda da Coruña.