- A denunciante declarou que non era a persoa que conducía o vehículo, ignorando dato algún sobre a infracción que se lle imputaba
A Garda Civil do Posto Principal de Betanzos está a investigar a un veciño da localidade como presunto autor dun delito de usurpación de estado civil.
A vítima deste caso denunciou que recibira unha notificación de embargo da súa conta bancaria por falta de pagamento dunha sanción derivada dunha infracción á lei de seguridade viaria, emitida polo Concello de Betanzos. A denunciante declarou que non era a persoa que conducía o vehículo, ignorando dato algún sobre a infracción que se lle imputaba.
A Garda Civil investigou os feitos, en aras de verificar a veracidade dos mesmos e o seu esclarecemento. A Área de Investigación do Posto Principal de Betanzos, constatou que existía unha sanción que foi comunicada ao titular do vehículo, identificando como condutor do mesmo á denunciante. Das actuacións realizadas obtívose que o propietario do vehículo, mantivera unha relación comercial coa denunciante, tendo acceso aos seus datos identificativos por tal motivo, e usounos sen o consentimento do seu titular.
O propietario do vehículo está a ser investigado como presunto autor dun delito de usurpación de estado civil.