32
- A Garda Civil do Posto de Sada, procedeu á investigación dunha persoa como presunta autora dun delito de atentado contra un funcionario sanitario
Os feitos tiveron lugar nun centro médico da localidade, cando unha doutora estaba atendendo a unha paciente, momento no que a súa acompañante comezou a rirse en voz alta mentres visualizaban contidos do seu teléfono móbil.
Por iso, a facultativa médica pediulle á acompañante que deixase de facer ruído, pero esta comezou a insultar á doutora, e logo de chuspirlle, agrediuna agarrándoa polo pescozo ata que decidiu marchar berrando polos corredores.