A Garda Civil investiga unha vertedura de amoníaco ilegal en Guipúzkoa

Vertedura ilegal de amoníaco en Guipúzkoa_Garda Civil
  • A vertedura continuada afectou gravemente á fauna dun afluente próximo ao río Oria

A Garda Civil, no marco da operación “Amonio”, investigou a 4 persoas por delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente relacionados coa aparición o pasado mes de maio, na regata Arkaiz do río Oria, dun gran número de peixes e outros animais mortos nas beiras.

Durante a investigación por parte da Unidade Central Operativa de Medio Ambiente do SEPRONA (UCOMA), os axentes descubriron que a vertedura se producira no proceso de limpeza dunha mangueira tras a descarga dun camión na incineradora do Complexo Ambiental de Guipúzkoa. Entre os distintos erros todo apunta a que os técnicos que dirixían a operación non deron importancia ao derrame, incumprindo os procedementos do propio complexo.

A incineradora atopábase funcionando baixo Unións Temporais de Empresas (UTE´s) con distintas responsabilidades, para o que foi necesaria a colaboración de EUROPOL.

A vertedura durou 4 días e, segundo as autoridades, esta non sería a primeira vertedura con amoníaco ao río, podendo terse producido polo menos unha máis.