- O patrón da embarcación non rexistrara no Diario Electrónico de Pesca nin as capturas nin a súa entrada en porto para a descarga
O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña, en colaboración co Servizo Marítimo Provincial de Pontevedra, incautou un total de 3.579 quilogramos de sardiña no Porto de Portonovo.
A Garda Civil detectou a bordo da patrulleira Río Andarax un buque de pesca do cerco navegando co dispositivo de localización e identificación AIS apagado. Ao verificar que a embarcación se dirixía cara a Portonovo, os axentes solicitaron apoio ao Servizo Marítimo Provincial de Pontevedra, por ser a súa demarcación.
Ambas unidades presenciaron no porto como a descarga das capturas se facía directamente a un camión, evitando así o paso da mercadoría pola lonxa para o seu pesado.
Tras realizar a descarga, o pesqueiro partiu rapidamente, sendo interceptado pola patrulleira Río Guadalope do Servizo marítimo Provincial de Pontevedra, obrigándoo a regresar a porto para o seu control. Mentres, os efectivos que se atopaban en terra, interceptaron o camión que transportaba as capturas, ordenándolle o regreso ao porto para proceder á pesada das mesmas.
Unha vez atracado, a Garda Civil procedeu á inspección do cerqueiro, corroborando que ademais de navegar co AIS apagado, o patrón da embarcación non rexistrara no Diario Electrónico de Pesca (DEA) nin as capturas, nin o fin de pesca, nin a súa entrada en porto para descarga.
Finalmente procedeuse á pesada da sardiña na lonxa de Portonovo, arroxando un total de 3.759 quilogramos, sendo incautadas as mesmas por carecer de trazabilidad, entregándoas posteriormente nun centro benéfico.
A Garda Civil confeccionou as correspondentes actas de denuncia por supostas infraccións á Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante, e á Lei de Pesca de Marítima do Estado.