32
A Concellaría de Promoción Económica de Malpica lanza “Malpica coida de ti” que se celebrará do día 23 ao 30 de novembro. Mercar no sector da alimentación no comercio local terá premio. Os comercios que queiran adherirse a esta iniciativa poden facelo chamando ao 981 71 13 03 ou enviando mail a pilidoldan@gmail.com.
Cada persoa que merque no sector do pequeno comercio da alimentación recibirá con cada compra igual ou superior a 5€ unha rifa e entrará no sorteo de 3 ceas para gozar da gastronomía nos restaurantes da vila.
Esta primeira edición, impulsada desde o Concello de Malpica, ten como obxectivo a promoción económica do sector da alimentación, para o impulso do consumo no pequeno comercio local.