A illa de San Simón acollerá este verán un festival de músicas tradicionais de Galicia e Italia

1 minutes read

Trátase da décima edición do San Simón Fiddle, e que este verán será o escenario tamén dun novo encontro Encordass. Nesta ocasión ambos eventos céntranse no intercambio do patrimonio cultural da música tradicional galega e italiana, enmarcada no uso dos instrumentos de corda. O obxectivo é achegar os artistas de diferentes culturas, convertendo a música nunha ferramenta de difusión da cultura galega e de entendemento e encontro, o que supón tamén un grande enriquecemento persoal e social. Os dous encontros celebraranse tomando as medidas necesarias para acadar as máximas garantías de seguridade sanitaria.

San Simon Fiddle é unha actividade dirixida a nenas e nenos entre 7 e 18 anos, un campamento de formación en violín para os rapaces que parten dun previo coñecemento do instrumento, pero aberto tamén á constitución dun grupo de iniciación. Pola súa parte, Encordass celebrarase do 2 ao 5 de xullo, constituíndo un encontro entres os músicos integrantes da asociación cultural Galicia Fiddle e varios artistas convidados, como Rémy e Vicent Boniface, Sergio Caputo, Francesco Busso, Ilio Amisano e Marta Roma.