A ira non amaina en Estados Unidos

1 minutes read

As manifestacións multitudinarias contra a violencia e o racismo policial continúan a pesar de que polo menos 40 cidades decretaron o toque de queda e despregado a Garda Nacional. Non é o caso de Nova York, onde a pesar das impactantes escenas de saqueos e detrozos nos comercios da Quinta Avenida do luns pola noite, o gobernador demócrata, Andrew Cuomo, négase a sacar aos militares á rúa. «Non violencia -grita un manifestante-. Non deixaremos que Trump degrade a nosa democracia. Temos dereito a expresarnos pola primeira emenda». O toque de queda foi adiantado ás oito da tarde. A partir desa hora, o centro de Nova York parece unha cidade tomada e baleira, coma se volvese estar confinada pola pandemia.