O CP Conxuro organizou a II Fase de Niveis Libre (Niveis do 1 ó 3) de patinaxe que se celebrou no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 2 de xullo desde as 10:00 e ata as 19:40 horas.
Trátase dunha proba federativa oficial á que acudiron preto de cento cincuenta patinadores, que realizaron un programa coa finalidade de superar o seu nivel.
Tomaron parte no evento dezasete clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña, en concreto CP Patiart, CP Aura, CP Buxaina , CP Lenda, CD Fervello, CPA Costa da Morte, CPA Inercia, CP Alquimia, Club Compañía de María, Escola Lubiáns, CP Anca, CP As Pontes, CP Enxebre, CP Brincadeira, CP Oleiros, CPA O Corgo e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha.
O CP Conxuro presentou a 6 das súas patinadoras:
- Nivel 1: Dana Mallo, Hugo Couñago, Maira Landeira, Laura Calvo, Shaila Ares e Emma Barreiro.
- Nivel 2: Aroa Rojo, Candela Tuset, Mia Muñiz e Sofía Bello.
- Nivel 3: Jimena Felipez, Lucia Losada, Daniela Pose, Daniela Antelo e Maria Garcia.
Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña, Xunta de Galicia e Deporte Galego e os patrocinadores Asteria Café, Maluca Lobe, O Noso Café e Argalla.