A Laracha acollerá este sábado o ‘Trofeo Xunta Largos Categoría Nacional’ de patinaxe

1 minutes read

O CP Conxuro e o CPA Maxia organizan o Trofeo Xunta Largos Categoría Nacional (Cadete a Senior) de patinaxe artística que se vai celebrar no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 2 de abril desde as 9:00h ata as 20:20 horas. Trátase dunha proba federativa oficial de caracter autonómica á que acudirán preto de 100 patinadores.

Tomarán parte no evento 16 clubs de patinaxe de toda Galicia, en concreto CPA Brión, CDP Boiro, CP Oroso, CPA Omega, CPA Ágora, CP Sarela,  CP Ribeira, CP Compostela, CP Buxaina, CP Lenda, CPA Valladares, CPA Salvaterra, CP Alquimia e o clubes organizadores, CP Conxuro A Laracha e CPA Maxia.

O CP Conxuro presenta a 4 das súas patinadoras:

  • Cadete: Marta Andrade e Uxía Freire
  • Xuvenil: Natalia Rama
  • Junior: Ainhoa Cotelo

Esta proba organizada polo CP Conxuro e CPA Maxia  é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña, a Xunta – Deporte Galego e os patrocinadores “Asteria Café”, “Argalla”, “O Noso Café” e “Maluca Lobe”.