A Laracha adxudica o proxecto de construción da pista plideportiva en Paiosaco

1 minutes read

Jardinería Arce será a empresa encargada da construción da pista polideportiva para uso libre que o Concello creará xunto ao CEIP Alfredo Brañas, no que será o primeiro equipamento público destas características na vila de Paiosaco. O proxecto está valorado en 156.500 euros.

Ademais da construción da pista cun pavimento deportivo e medidas interiores de 46×32 metros, contémplase o marcado dos campos de xogo para as diferentes disciplinas (fútbol sala, baloncesto e balonmán), o cerramento perimetral da mesma cun valado de catro metros de altura e a iluminación en báculos que facilite o seu uso a calquera hora do día, requiríndose as correspondentes canalizacións soterradas do servizo eléctrico.

Para unha axeitada integración no entorno no que se sitúa, tamén se inclúen actuacións oportunas para favorecer a recollida de pluviais e a adecuación dos accesos desde a estrada por medio dunha beirarrúa que, do mesmo xeito, comunicará a pista co colexio. De feito, o novo equipamento abrirá novas oportunidades para o centro educativo xa que poderá usarse durante o horario lectivo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?