A Laracha adxudica o proxecto de mellora da rede viaria en seis parroquias

1 minutes read
  • Tamén foron concedidas tres licencias urbanísticas

Este luns celebrouse na Laracha a Xunta de Goberno Local onde, entre outros acordos, foi adxudicada a execución do proxecto de mellora da rede viaria nas estradas de seis parroquias do termo municipal. Valorado en case 77.000 euros inclúe intervencións para mellorar a calzada en Cabovilaño (núcleos de Nogán, As Ribas, A Teixoeira e Cardois), Coiro (O Pereiro), Lendo (Lista e Os Abelares), Soandres (O Campo Medado), Montemaior (A Ribeiriña e A Cerdeira) e Vilaño (Vilaño Vello). Unha vez adxudicado o proxecto, as actuacións comezarán a executarse nos próximos días.

Por outra banda, na Xunta de Goberno tamén foron concedidas tres licencias urbanísticas, sendo unha delas para a construción dunha vivenda unifamiliar na parroquia de Lestón.