A Laracha, Cee, Coristanco e Vimianzo reciben as súas tendas de campaña para emerxencias

0 minutes read

19 agrupacións de Protección Civil recibiron as tendas de campaña entregadas pola Xunta como equipamento de emerxencia. Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte os concellos beneficiarios foron os de A Laracha, Cee, Coristanco e Vimianzo, para que poidan levar a cabo as súas intervencións e labores de prevención de riscos en condicións de seguridade e co instrumental necesario. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, foi o encargado de facer a entrega deste material, que vén a complementar outros programas de apoio para mellorar o funcionamento das agrupacións ou a formación dos voluntarios.