A Laracha | Convocadas as axudas municipais a entidades culturais e deportivas

1 minutes read
  • O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes a partir deste venres

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publicou este xoves as bases da convocatoria de subvencións municipais do Concello da Laracha dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas individuais. Esta liña de axudas ten por finalidade cooperar no financiamento dos gastos de organización e desenvolvemento de actividades realizadas, ou que se vaian levar a cabo, ao longo do ano actual desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro.

As entidades beneficiarias deben desenvolver a súa actividade no termo municipal da Laracha e carecer de fins de lucro. Aos deportistas individuais requíreselles estar empadroados no concello cunha antigüidade mínima de dous anos consecutivos, dispoñer de licenza deportiva vixente, non realizar a súa actividade como parte dun club, asociación ou entidade beneficiaria desta mesma liña de axudas e participar en competicións de ámbito autonómico, nacional ou internacional.

Estas subvencións municipais son compatibles coas convocadas por outros organismos. O prazo de solicitude é de un mes a partir deste venres.