40
O Concello de Carballo volveu a sumarse neste 4 de febreiro á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro e a amosar o seu apoio á xunta local da Asociación Española contra o Cancro iluminando de cor verde a Casa do Concello ás 20:horas.
A Laracha
O Concello da Laracha, igual que outros da Costa da Morte, tamén se sumou á iniciativa e desde as 20:00 horas deste martes, a fachada da Casa Consistorial e o obelisco tamén se iluminaron de verde para simbolizar o apoio do Concello á campaña, contribuíndo a concienciar sobre o cancro e dando unha mensaxe de ánimo tanto ás persoas que loitan cada día para superalo como ás súas familias.