Un cazador sufriu feridas de diversa consideración na tarde deste domingo na Laracha despois de ser alcanzado por un disparo de forma accidental.
Sucedeu no Monte de Silvoso, preto das 16:10 horas. Nese momento, varias persoas particulares daban conta dos feitos ao 112 Galicia.
Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata a zona para atender ao home ferido.
Ademais, desde Emerxencias 112 púxose a situación en coñecemento da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil da Laracha para prestar apoio ao equipo médico mobilizado na aeronave, na que foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.