40
O Concello da Laracha sacará a licitación nos próximos días catro proxectos centrados na mellora de estradas rurais e da rede de saneamento de residuais que alcanzarán un investimento total de 366.190,17 euros.
As obras previstas afectan a vinte e dous núcleos de poboación de nove parroquias do municipio, que son os seguintes:
- Parroquia de Cabovilaño: estrada O Chamusco-Arén e núcleos de Nogán, As Ribas, A Teixoeira e Cardois.
- Parroquia de Coiro: núcleos de O Pereiro e Longra.
- Parroquia de Lendo: accesos a Lista e Os Abelares.
- Parroquia de Soandres: accesos a O Toural, núcleo de A Bocixa e camiños municipais en O Campo de Medado.
- Parroquia de Montemaior: núcleos de A Ribeiriña, A Cerdeira, Cumiáns e A Fieira.
- Parroquia de Vilaño: estrada en Vilaño Vello.
- Parroquia de Caión: mellora da estrada e da rede de saneamento en Xermaña.
- Parroquia de Erboedo: núcleos de O Vilar e Vilarmaior.
- Parroquia de Lestón: núcleo de A Porta Santa.
Unha vez obtidos os preceptivos informes sectoriais favorables dos diferentes organismos, cada proxecto será publicado na Plataforma de Contratación del Sector Público e abrirase o prazo para a presentación de ofertas. As actuacións previstas financiaranse cos fondos do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña.