A Laracha ofrece atención telefónica en Servizos Sociais durante toda a Semana Santa

Este mércores celebrouse unha nova reunión da comisión de seguimento ante o Covid-19 coa participación do alcalde -José Manuel López Varela-, os catro edís con áreas de xestión delegadas -José Ramón Martínez, Rocío López, Patricia Bello e Jesús Souto-, o xefe da Policía Local e a secretaria e o interventor do Concello.
Unha das cuestións máis destacadas das analizadas na xuntanza foi a situación do departamento de servizos sociais municipal, que é o que está a presentar unha maior carga de traballo durante a alerta sanitaria. Aínda que Xoves e Venres Santos e durante a fin de semana o edificio administrativo permanecerá pechado, o teléfono de servizos sociais (981612811) continuará operativo para atender cuestións de urxencia e ofrecer atención psicosocial. A partir do luns reforzaranse as quendas de traballo establecidas neste departamento.
Na comisión de seguimento deuse conta, tamén, da coordinación entre o Concello da Laracha e os equipos directivos dos centros de ensino (IES Agra de Leborís e CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión) para atender calquera necesidade educativa que poida presentar o alumnado.


Material da Xunta de Galicia


O Concello da Laracha recibiu unha terceira remesa de material da Xunta de Galicia composta por guantes, mascarillas, buzos, xel hidroalcohólico e desinfectante.
Dito material xa está a disposición dos traballadores dos servizos esenciais municipais que continúan operativos durante a alarma sanitaria, como os de axuda no fogar, limpeza viaria, recollida de lixo e membros da Policía Local e de Protección Civil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha